BENVID@S AO NOSO BLOG

UNHA APERTA PARA TOD@S



viernes, 1 de junio de 2012

Neste trimestre traballamos a simetría. Despois de ver este vídeo sobre o tema, fixemos as nosas propias creacións. Menudos artistas!!!!






miércoles, 30 de mayo de 2012

PLANTANDO NA HORTA

Este ano, o alumnado de 2ºB preparamos a nosa propia horta, e  xa está lista!
Plantamos(coa axuda de Joaquín, o avó da profe) os calabacíns que tiñamos nos semilleiros da aula e que xa creceran moito, el explicounos todo o proceso.Estas son algunhas fotos desa  divertidísima experiencia.

TÁBOA DO OITO

Estes días estivemos cantando na aula a canción da táboa do 8. Agora ti terás que cantala  moitas veces para aprendela mellor.

viernes, 25 de mayo de 2012

O NOSO BLOG RECIBIU UN PREMIO.

Hai uns días  recibimos un fermoso agasallo por parte do blog da biblioteca do cole. O noso blog foi elexido entre outros catro como o blog favorito de pingaapinga.

Grazas á biblioteca polo premio
i

CHARLA SOBRE O SAHARA

Hoxe recibimos unha charla sobre o Sahara, explicáronnos moitas cousas e poidemos ver algunhas fotos,  pulseiras, colares,as súas roupas... e ata unha profe do noso cole vestiuse como unha saharaui.

jueves, 24 de mayo de 2012

MERCAMOS NO NOSO MERCADIÑO

HOXE VOLTAMOS AO MERCADIÑO, PERO XA PARA MERCAR OS PRODUTOS.
CASE TODOS/AS NECESITARON UNHA FOLLA PARA IR FACENDO O CÁLCULO DE TODO O QUE QUERÍAN MERCAR,¡HABÍA TANTAS COUSAS! MOITOS AÍNDA TEÑEN "ÓRBITAS" PARA USAR O VINDEIRO MARTES.
MOITÍSIMAS GRAZAS A CARLOS(pai de Marcela) E A DAMIÁN(pai de Elia) POR AXUDAR E COMPARTIR CON NÓS ESTA ACTIVIDADE.